jjiffy

Back

Como engado máis capacidade á miña conta?

Tanto se se che acabou ou é insuficiente o teu plan gratuíto coma se o plan PLUS quedouse curto, podes ampliar a capacidade da túa conta en calquera momento sen perder ningunha das exposicións (fotografías) gardadas na conta.

Antes de continuar, accede á túa conta de usuario.

Selecciona o plan

Comproba que está seleccionada a pestana PLANS. Selecciona o plan que mellor se adapte ás túas necesidades e pulsa sobre o botón correspondente para engadir ao CARRIÑO.

Dependendo do plan actualmente contratado terás unha ou varias alternativas, poderás aumentar o tempo de contratación do plan actual mantendo a mesma capacidade ou aumentar o tempo e a capacidade contratando un plan superior.

Tramitar o pedido

No carriño tes o pedido realizado, se posúes algún CÓDIGO DE DESCONTO é o momento de utilizalo, introdúceo na caixa de texto e pulsa en APLICAR. Antes de continuar, comproba que todo está correcto e pulsa en TRAMITAR

Realizar o pago

Para finalizar o proceso de compra deberás introducir os datos da túa tarxeta de crédito/débito (dependendo do tipo de tarxeta os datos solicitados da mesma poden variar): será necesario cubrir o número da tarxeta, a súa data de caducidade e o número CVC (número de 3 díxitos localizado no dorso da tarxeta). Comproba que a cantidade total é a correcta e pulsa en PAGAR

A partir de agora poderás gozar do teu novo plan.

Utilizamos cookies para mellorar o servizo de jjiffy. Ao visitar este sitio web, aceptas o noso uso de cookies.

Loading