Como me rexistro en jjiffy?
Para poder utilizar a plataforma de jjiffy e compartir as vosas fotos privadas necesitamos que polo menos unha persoa do voso grupo posúa unha conta de usuario con algún dos nosos plans contratado.
Para rexistrarte en jjiffy segue estes sinxelos pasos:
- Pulsa no menú principal da nosa web (icona de 3 raias que podes ver na esquina superior dereita).
- Entre as opcións de menú que se despregan pulsa en ACCEDER que debería ser a última opción ao final da lista.
- Mostrarase a sección ACCESO, pulsa na ligazón Rexístrate como resposta á pregunta: Non tes unha conta?
- Enche o formulario de rexistro: o NOME será a denominación pola que outros usuarios te identifíquen; o CORREO ELECTRÓNICO será o email onde recibirás as notificacións da túa conta de jjiffy; o CONTRASINAL debe ter polo menos 8 caracteres e conter como mínimo unha letra minúscula, unha letra maiúscula, un díxito numérico e un carácter especial (por exemplo: @#$%&?+*); por último, marca a caixa de verificación de Lin e acepto a Política de privacidade e pulsa en CONTINUAR
A continuación e pasados uns instantes recibirás un correo electrónico na conta que nos facilitaches, nese correo pulsa sobre o botón CONFIRMAR para finalizar o proceso de rexistro e poder acceder á túa conta.
Como último paso e tras acceder á túa conta de jjiffy, deberás elixir o Plan que mellor se adapte ás túas necesidades. Tes a posibilidade de seleccionar o plan gratuíto ao que chamamos DEMO, para probar jjiffy totalmente funcional aínda que limitado en tempo e capacidade, pero se xa tes claro que é insuficiente tes o plan PLUS e MAX con maiores capacidades, selecciona o que máis che conveña e pulsa en CONTINUAR
Se seleccionaches o plan DEMO este proceso acabou e terás á túa disposición o plan gratuíto para que poidas valorar as funcionalidades de jjiffy. En caso de seleccionar algún dos outros plans haberá que completar dous pasos máis para formalizar o pago.
Tramitar el pedido
No carriño tes o pedido realizado, se posúes algún CÓDIGO DE DESCONTO é o momento de utilizalo, introdúceo na caixa de texto e pulsa en APLICAR. Antes de continuar, comproba que todo está correcto e pulsa en TRAMITAR
Realizar o pago
Para finalizar o proceso de compra deberás introducir os datos da túa tarxeta de crédito/débito (dependendo do tipo de tarxeta os datos solicitados da mesma poden variar): será necesario cubrir o número da tarxeta, a súa data de caducidade e o número CVC (número de 3 díxitos localizado no dorso da tarxeta). Comproba que a cantidade total é a correcta e pulsa en PAGAR
A partir de agora poderás gozar do teu plan de jjiffy coas túas amizades.