É seguro pagar en jjiffy?
A nosa plataforma de pago dentro de jjiffy é Stripe.
Stripe é unha plataforma de software para realizar pagos a través de internet que utilizan empresas a nivel internacional como Amazon, Google, Spotify, Uber, Booking e outros miles de empresas.
Preocúpanos especialmente a seguridade e utilizamos esta plataforma para xestionar todo o proceso de pago e non almacenamos ningún tipo de información relacionado coa túa tarxeta de crédito/débito. Cando recheas o formulario de pago de jjiffy, a información envíase encriptada directamente a Stripe, quen realiza as xestións e almacena eses datos de forma segura na súa infraestrutura.
Pola súa banda, Stripe dispón do certificado como provedor de servizos PCI de nivel 1, o nivel máis estrito de certificación que garante a seguridade da información que almacena.