Como convido a outras persoas?
As invitacións son a forma que teñen os teus amigos e familiares para acceder aos teus carretes de forma rápida e sinxela, sen necesidade de rexistro nin instalación de software.
Antes de continuar, accede á túa conta de usuario.
Convida as túas amizades
Unha invitación é unha ligazón web única que podes compartir con aquelas persoas ás que desexes dar acceso ao carrete. Unha invitación podes utilizala cunha ou varias persoas á vez. Pulsa no botón CONFIGURAR do carrete (representado coa icona dunha engrenaxe ou roda dentada) que desexas compartir.
Poderás darlles acceso de tres formas (ti elixes):
-
Móstralles un código QR
Pídelles que entren en jjiffy.in para que pulsen sobre el botón CAPTURA QR. A continuación, dende o teu móbil, na configuración do teu carrete pulsa no botón QR e móstrallo para que o capturen.
-
Envíalles a invitación por email, mensaxería instantánea (WhatsApp), …
Dende a configuración do teu carrete pulsa no botón COPIAR e poderás pegar a invitación nunha mensaxe de texto para enviala a quen ti queiras.
-
Imprime a invitación
Podes imprimir unha folla de tamaño A4 preparada para recortar á metade e posteriormente dobrar cada peza para crear un pequeno soporte que poidas colocar sobre unha superficie plana (recomendámosche que utilices un papel de gramaxe alto ou unha cartolina, consulta o manual da túa impresora para saber que tipos de papel soporta).