jjiffy

Back
Illas Canarias, Tenerife: Puntos de interese turístico

Illas Canarias, Tenerife: Puntos de interese turístico

Visitas obrigatorias onde lle dedicarás máis tempo á viaxe que ao destino pero seguirá merecendo a pena

Febreiro 2020

A illa de Tenerife ten visitas imprescindibles que hai que facer aínda que non lle poidas dedicar moito tempo. Un dos elementos máis representativos e emblemáticos na illa é o Drago Milenario en Icod de los Vinos, unha planta de porte arbóreo que é a máis grande e lonxeva que se coñece no mundo dentro da súa especie. Outra das visitas debería ser Garachico, a pintoresca vila costeiras onde un dos seus atractivos son as súas piscinas naturais pero por culpa dunha virulenta ondada que azoutou a costa uns meses antes non eran accesibles cando nós fixemos a visita. A espectacularidade do Caserío de Masca empolicado na crista dunha montaña e rodeada de profundos barrancos, un lugar illado, tranquilo e adaptado á contorna; o faro de Punta de Teno que ten o acceso regulado e ao que chegamos coa noite enriba e apenas puidemos gozar da contorna.

Todos estes lugares representan pequenas pinceladas que no seu conxunto constrúen unha imaxe máis completa da illa de Tenerife.

Garachico Masca #1
Masca #2
Faro de Punta de Teno

La Orotava

A nosa visita a esta vila comezou na Igrexa da nosa Señora da Concepción que ten as súas orixes no século XV pero os terremotos da erupción do volcán Güímar danaron a súa estrutura entre 1704-1705, foi reconstruída anos máis tarde e máis recentemente recibiu unha profunda reforma. A fachada do templo é de estilo barroco e é unha das máis representativas das illas, no seu interior destaca a súa elegante cúpula pola colorida luz que filtra no cruceiro do templo.

Seguindo as indicacións que nos deron na Oficina de Información Turística de La Orotava, subimos por detrás do templo cara a un dos muíños de auga onde se elabora o gofio, fariña que se obtén moendo o gran tostado de millo, trigo, cebada ou a mestura de ambos, que é un dos elementos máis importantes na gastronomía canaria.

Máis adiante atopámonos coa Casa dos Balcóns que alberga un centro de artesanía local, onde destaca o seu balcón corredor, xusto en fronte está a Casa do Turista que principalmente é unha tenda de lembranzas pero que posúe unha representación das famosas alfombras de La Orotava, realizadas con flores e area volcánica do Teide sobre as rúas da vila durante a festividade do Corpus.

Subindo a rúa chegamos ata os Lavadoiros de San Francisco, espazo do século XVI que foi recuperado para servir de exemplo patrimonial do oficio de lavandeira e dos usos da auga que discorría para abastecer o funcionamento dos muíños.

A nosa seguinte parada é o pequeno xardín botánico coñecido como La Hijuela, delimitado por un interesante enreixado de ferro fundido onde destacan especies vexetais autóctonas e outros exóticos especímenes. Cruzando a rúa están os Xardíns Vitoria agora de propiedade municipal pero anteriormente formaban parte da mansión do Marquesado de la Quinta Roja. No alto deste conxunto de terrazas axardinadas álzase un mausoleo masónico promovido pola marquesa para albergar os restos mortais do seu fillo Diego de Ponte del Castillo, ao que a igrexa católica nun primeiro momento negaba sepultura pola súa pertenza á masonería, aínda que finalmente nunca foi utilizado.

Para finalizar desprazámonos ata o Centro de Visitantes Telesforo Bravo do Parque Nacional do Teide, dentro deste moderno edificio atopamos un centro de interpretación que acolle unha exposión interactiva sobre a illa de Tenerife dende a perspectiva física e histórica, a través da mirada de ilustres viaxeiros que a visitaron.

Unha viaxe turística?

Con jjiffy poderás reunir todas as fotos que os teus amigos están a facer durante a viaxe

Plus

9,99

360 exposicións

6 meses

Buenavista del Norte

Chegamos á localidade polas boas referencias que nos daban dun dos restaurantes da zona, onde se comía ben e económico. Mentres esperabamos para comer, había unha longa lista de espera, decidímonos a achegarnos ao centro do pobo, paseando chegamos ata a igrexa de Nuestra Señora de los Remedios e diriximos os nosos pasos cara ao norte, onde nos atopamos cunha estrada que daba acceso á Playa de los Barqueros, camiñando entre leiras de bananeiros chegamos ata a suposta praia onde non hai nin rastro de area e unha rampla de formigón serve para que os pescadores poidan resgardar as súas barcas, obviando estes detalles a contorna non deixa de ser rechamante. Un sesndeiro devólvenos ao pobo bordeando o perímetro dun campo de golf deseñado por Severiano Ballesteros e que converte a contorna nun xardín do Edén.

Dende Buenavista parte a estrada que dá acceso a Punta de Teno, os vehículos privados teñen limitación horaria para realizar o percorrido, polo cal, a mellor opción é utilizar a liña de autobús, aquí chamados guagua.

Buenavista del Norte #1
Buenavista del Norte #2
Buenavista del Norte #3

Playa de las Teresitas

Atopámonos nunha praia de dourada e fina area de augas tranquilas… pero ten truco, trátase dunha praia transformada artificialmente. Na década de 1970 tróuxose area do deserto do Sahara para cubrir e ampliar unha praia existente de area negra de orixe volcánico, ademais creouse un arrecife artificial acumulando rochas de grandes dimensións que actúan como rompeondas e evita as fortes correntes existentes.

É importante sinalar que a praia ten un chanzo a unhas decenas de metros da beira, que é onde se corta a area artificial. Ademais, o peixe anxo (Squatina squatina), unha especie en perigo de extinción, utiliza os fondos areosos da praia como lugar de cría polo que se recomenda o acceso ao mar arrastrando os pés para non pisar os alevíns destes inofensivos escualos.

Polo demais a praia conta con todo tipo de servizos: Socorristas, duchas, aseos, vestiarios, despachos de billetes, zona de aparcamento… Coa posibilidade de poder alugar material para actividades acuáticas como surf de remo ou kaiak.

Playa de las Teresitas #1
Playa de las Teresitas #2
Playa de las Teresitas #3

Moito máis por ver

Hai tantos lugares que practicamente pasamos no bico dos pés… Candelaria, Adeje, San Cristóbal de La Laguna e por suposto Santa Cruz de Tenerife ademais quedáronnos actividades sen facer… como pode ser a visita en barco aos Acantilados de Los Gigantes ou realizar algún deporte acuático en El Médano.

Candelaria
San Cristóbal de La Laguna
Santa Cruz de Tenerife
Acantilados de los Gigantes
El Médano

Séguenos en:

Outras historias

Utilizamos cookies para mellorar o servizo de jjiffy. Ao visitar este sitio web, aceptas o noso uso de cookies.

Loading