Como cambio o meu avatar?
O avatar é unha imaxe que che representa dentro de jjiffy. A imaxe debe ser dun tamaño superior a 500x500 píxeles, dependendo das dimensións terás marxe para reencadrar ou redimensionar a imaxe dentro do recadro delimitador.
Antes de continuar, accede á túa conta de usuario.
Editar o teu usuario
Na páxina principal observarás a imaxe predeterminada do teu avatar, xusto enriba do teu nome e correo electrónico, á beira dereita do avatar pulsa sobre o botón para editar o usuario (representado coa icona dunhas barras de desprazamento vertical).
Substitúe o teu avatar
Pulsa sobre o botón EDITAR (representado coa icona dun lapis) para seleccionar a imaxe na galería do teu dispositivo. A continuación redimensiona ou reencadra a imaxen seleccionada e pulsa en GARDAR
Ademais, observarías que nesta mesma sección tamén poderás cambiar o teu nome de usuario se así o desexas.