Como cambio o meu contrasinal?
O proceso para cambiar o teu contrasinal da conta de jjiffy é o mesmo que se o esqueceses.
- Pulsa no menú principal da nosa web (icona de 3 raias que podes ver na esquina superior dereita).
- Entre as opcións dispoñibles pulsa sobre ACCEDER, podería ser que non teñas esa opción dispoñible, nese caso, pulsa sobre SAÍR para pechar a túa sesión de usuario. A continuación, na sección ACCESO pulsa o botón INICIAR SESIÓN
- Mostrarase a sección para INICIAR SESIÓN, onde tes a ligazón Esqueciches o contrasinal?, pulsa para cambiar o teu contrasinal actual.
- Enche a caixa de texto coa conta de correo electrónico asociada co teu usuario de jjiffy e pulsa en CONTINUAR, pasados uns instantes recibirás un email con instrucións para iniciar o proceso de substitución do teu contrasinal
- Revisa a bandexa de entrada da túa conta de correo electrónico, o correo que recibirás contén un botón ACTUALIZAR que abrirá unha pestana do teu navegador co formulario para RESTABLECER CONTRASINAL.
- Escribe o teu novo contrasinal en ambas caixas de texto e pulsa en GARDAR para finalizar o proceso de actualización. Lembra que o contrasinal debe ter polo menos 8 caracteres e conter como mínimo unha letra minúscula, unha letra maiúscula, un díxito numérico e un carácter especial (por exemplo: @#$%&?+*).
A partir deste intre xa podes utilizar este novo contrasinal para acceder á túa conta de jjiffy dende os teus dispositivos.