jjiffy

Back

Por que non é gratis jjiffy?

Dende jjiffy a nosa intención é ofrecer un servizo para reunir as fotografías do teu grupo de amigos de forma privada, mantendo a máxima resolución das imaxes e tan sinxelo que non require ningún tipo de instalación. Todas as imaxes almacénanse na nosa nube privada con acceso exclusivo para garantir a túa privacidade e todas as comunicacións realízanse protexendo a integridade e a confidencialidade da información transmitida. Solicitamos aos nosos usuarios a mínima información imprescindible para o funcionamento do servizo e os teus convidados poden acceder de forma totalmente anónima.

Este servizo ten un custo en infraestrutura de servidores, desenvolvemento de software e recursos humanos. Dende o principio pensamos que jjiffy non debería ter publicidade e a información que temos dos nosos usuarios xunto coas fotografías que se depositan nos nosos servidores non debe utilizarse como mercadoría que se poida vender a anunciantes ou outras entidades con estraños intereses, por iso apostamos por un modelo de negocio de pago.

Utilizamos cookies para mellorar o servizo de jjiffy. Ao visitar este sitio web, aceptas o noso uso de cookies.

Loading