Como cambio a imaxe de cabeceira do carrete?
Aos carretes asígnaselles unha imaxe abstracta e aleatoria de forma predeterminada que podes cambiar por outra imaxe máis representativa coa temática xeral do carrete. A nova imaxe debe ser dun tamaño superior a 1500x500 píxeles, dependendo das dimensións terás marxe para reencadrar ou redimensionar a imaxe dentro do recadro delimitador.
Antes de continuar, accede á túa conta de usuario.
Selecciona o carrete
En primeiro lugar, debes seleccionar o carrete ao que desexas cambiar a imaxe de cabeceira, pulsa no botón CONFIGURAR do carrete (representado coa icona dunha engrenaxe ou roda dentada).
Axustes do carrete
A continuación, pulsa no botón AXUSTAR do carrete (representado coa icona dunhas barras de desprazamento vertical).
Editar os axustes
Comproba que está seleccionada a pestana XERAL. Nesta sección observarás unha imaxe reducida da cabeceira actual e sobre ela o botón EDITAR (representado coa icona dun lapis), pulsa sobre este botón para poder seleccionar a nova imaxe na galería do teu dispositivo. A continuación redimensiona ou reencadra a imaxe seleccionada e pulsa en GARDAR.
Ademais, observarías que nesta mesma sección poderás cambiar o título do carrete ou variar a súa capacidade dentro das posibilidades da túa conta.