jjiffy

Back

Como elimino unha exposición do carrete?

A eliminación dunha exposición dentro do carrete realízase a través da interface pola que acceden os teus convidados. Soamente o propietario do carrete ou o invitado que engadiu a fotografía teñen permiso para eliminar unha exposición.

Antes de continuar, accede á interface do carrete.

Selecciona a exposición

En primeiro lugar debes localizar a exposición (fotografía) que desexas eliminar, pulsa sobre ela para ampliala e acceder a máis opcións sobre a mesma.

Elimina a exposición

Na barra inferior de opcións, pulsa sobre a icona da EXCLAMACIÓN para despregar un submenú de accións. Pulsa sobre a icona PAPELEIRA para eliminar a exposición e a continuación aparecerá unha mensaxe de confirmación antes de realizar a acción.

Tal e como nos indica a mensaxe de confirmación a eliminación da exposición é unha acción irreversible. Por tanto, dende o momento que confirmes a mensaxe a fotografía será eliminada e non poderá recuperarse.

Utilizamos cookies para mellorar o servizo de jjiffy. Ao visitar este sitio web, aceptas o noso uso de cookies.

Loading