jjiffy

Back

Como expulso a un invitado do meu carrete?

O acceso aos carretes conséguese a través dunha invitación, por regra xeral este acceso realízase de forma anónima, nalgún caso este anonimato pode ser utilizado por un convidado para engadir fotografias inapropiadas de forma reiterada ao carrete, nestes casos a solución pode ser expulsar a este convidado, isto é posible se es propietario do carrete.

Antes de continuar, accede á interface do carrete.

Selecciona a exposición

En primeiro lugar debes localizar a exposición (fotografía) con contido inapropiado, pulsa sobre ela para ampliala e acceder a máis opcións sobre a mesma.

Expulsa ao convidado

Na barra inferior de opcións, pulsa sobre a icona da EXCLAMACIÓN para despregar un submenú de accións. Antes de eliminar a exposición, pulsa sobre a icona USUARIO PROHIBIDO para expulsar do carrete ao convidado que subise esa fotografía, a continuación aparecerá unha mensaxe de confirmación antes de realizar a acción.

Para finalizar, podes eliminar a exposición do carrete volvendo pulsar sobre a icona EXCLAMACIÓN, como fixemos no paso anterior, pero esta vez pulsaremos na icona PAPELEIRA para eliminar a exposición.

Utilizamos cookies para mellorar o servizo de jjiffy. Ao visitar este sitio web, aceptas o noso uso de cookies.

Loading