jjiffy

Back

jjiffy

Somos a forma máis sinxela de reunir todas as fotos que as túas amizades están a facer nesa festa, aventura ou evento

Fácil, privado e sen instalación…

jjiffy é unha ferramenta para xuntar ou recopilar as fotografías que tanto che gustaría tener sen necesidade de instalar ningunha aplicación, sen perseguir a ninguén para que chas pase e con toda a privacidade que necesitas.

  • Sen nada que instalar

    Non tes que instalar nada no teu móbil, tablet ou ordenador para acceder a jjiffy. Simplemente accederás dende o teu navegador web.

  • As túas amizades non precisan estar rexistradas

    É suficiente con que ti lles proporciones acceso, seguro e privado, a través dunha invitación instantánea.

  • Almacenamento seguro na nube

    Almacenamos as túas fotografías na nube con triple replicación de datos, sen marcas de auga e coa máxima calidade.

Séguenos en:

Non perdas de vista ás túas amizades

Da igual se están en Roma, Paris ou Nova York, goza en tempo real de todas as vosas fotografías sen necesidade de perseguir a ninguen.

Crea un carrete e convida as túas amizades, así poderán engadir as súas fotos dende os seus dispositivos móbiles, ademais de ver e compartir todas elas.

Amigas para sempre
Excursión ao Monte Esquecido

Reune todas as fotos desa actividade

Unha excursión, múltiples móbiles e decenas de fotografías… reunídeas todas nun espazo unificado, colaborativo e privado.

Todas as fotos quedarán recopiladas sen publicidade nin marcas de auga, coa máxima calidade, poidendo recuperalas todas xuntas cando desexes.

Tan sinxelo que non precisa instalación

Xestiónase todo dende o teu navegador e só o propietario do carrete debe estar dado de alta.

Os teus convidados tampouco teñen que espremerse moito a cabeza, acceden co seu navegador e teñen un único botón que serve para engadir as súas fotos.

Acceso exclusivo ao carrete con invitación

A invitación realízase cunha ligazón ou un código QR que os teus convidados poden ler dende os seus navegadores.

Podes ter invitacións onde só se permite a visualización das fotos, limitar o envío a redes sociais ou pechar o acceso a novos convidados.

Cumpreanos de Félix
Melifluo Sound Festival

Ti elixes con quen bailas

Esquécete de dar o teu número de teléfono ou o teu correo electrónico, simplemente mostra un código QR, preservando a túa intimidade.

Se algunha fotografía non é do teu agrado, podes eliminala inmediatamente. Tamén podes bloquear o acceso ao convidado que subiu esa imaxe.

Que ninguén se coe na túa festa

A comunicación entre o teu dispositivo e os nosos servidores realízase a través dun protocolo seguro de transferencia. A transmisión está encriptada e o servidor autenticado.

Almacenamos as túas fotografías na nosa nube privada, con triplicación dos datos que garante a súa durabilidade ao 100%.

O último que apague a luz

Non te afastes da festa buscando cobertura de datos, segue gozando e fotografando co teu móbil, logo poderás engadilas todas xuntas.

Cando recuperes a cobertura ou tranquilamente dende casa, podes volver ao carrete e engadir a selección das túas mellores fotografías.

En 3 pasos…

…empeza a compartir eses momentos inesquecibles

  1. Crea
    a túa conta

    Poderás crear o teu primeiro carrete onde se irán gardando as fotos. Así de fácil e sinxelo, dende o teu navegador web.

  2. Convida
    ás túas amizades

    Comparte o carrete coas túas amizades a través dunha invitación dixital encriptada, así lles darás tamén acceso.

  3. Empezade a
    reunir fotos

    Xa podedes subir as vosas fotos dende cada teléfono móbil ou tablet, sen ningún tipo de instalación.

Elixe o teu plan

Rexístrate e selecciona o plan que mellor se adapte as túas necesidades

Demo

Gratis

36 exposicións

15 días

Plus

9,99

360 exposicións

6 meses

Max

59,99

1.080 exposicións

1 ano

Historias

Utilizamos cookies para mellorar o servizo de jjiffy. Ao visitar este sitio web, aceptas o noso uso de cookies.

Loading